RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Participantes na Bancada Solidaria do Dépor ABANCA - Atlético de Madrid

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste domingo 19 de outubro (12:00) fronte ao Atlético de Madrid, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Asociación Participa para a Inclusión Social, Fundación ADCOR, Hogar Sor Eusebia, Asociación Les Coruña e Aspronaga.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.