RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Participantes na Bancada Solidaria do Dépor ABANCA - DUX Logroño

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste sábado 11 de outubro (19:00) fronte ao DUX Logroño, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Asociación Participa para a Inclusión Social, FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) e Aspronaga.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.