RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Participantes na Bancada Solidaria do Dépor - Real Valladolid

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo deste domingo 26 de outubro (21:00) fronte ao Real Valladolid, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Asociación Caguama Instituto de Migracións Ecosociais, Fundación Érguete, Comité Cidadán Antisida da Coruña (CASCO), Asociación de Axuda e Atención ao Preso, Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO), CÁRITAS, Axuda ás persoas en risco de exclusión social (ACCEM Coruña), Asociación Baltasar Pardal, Hospital de día de Saúde Mental (Oza), Asociación de Persoas Xordas da Coruña (ASPESOR) e Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.