RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Partido ligueiro para o Dépor ABANCA e copeiro para o Orzán SD Sub-21, únicas citas oficiais en ANOSACANTEIRA feminina

Dous partidos de competición oficial xóganse en ANOSACANTEIRA feminina esta semana Santa.

Este sábado 19 de abril ás 16:30, o Dépor ABANCA B, líder da Tercera Federación, recibe ao Real Oviedo B.

As branquiazuis, a falta de 3 partidos, avantaxan en 1 punto ao Olímpico de León á fronte da táboa.

O outro encontro de competición oficial é da Copa da Coruña. O Orzán SD Sub-21 mídese ao Eirís en oitavos de final o domingo 20 de abril ás 16:00 horas.

Finalmente o Orzán SD Cadete, que acabou o grupo 1º da Liga Galega na 1ª posición con 57 puntos, disputa aproveitando a Semana Santa o Torneo Copa Máis Enerxía no campo da Madroa en Vigo.

Non poderán xogar cos seus equipos Antía Veiga e Claudia Sande, concentradas coa selección española sub-16 para dous amigables ante Estados Unidos en Alicante.

O calendario de partidos é o seguinte:

Tercera Federación
28ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL OVIEDO B, o sábado 19 de abril ás 16:30 en Abegondo
Clasificación: 1. Deportivo ABANCA B, 70 puntos; 2. Olímpico de León, 69 puntos; 3. RC Celta, 66 puntos... 11. Real Oviedo B, 29 puntos...

Copa da Coruña
Oitavos de final: EIRÍS SD - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 20 de abril ás 16:00 no Municipal de Eirís

Primera Autonómica
Clasificación: 1. Orzán SD Sub-21 e RC Celta B (un partido máis), 67 puntos; 3. EFM Concello de Boiro, 65 puntos; 4. SD O Val, 46 puntos...

Segunda Autonómica
Clasificación: ... 2. SCD Pastoriza, 69 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil e UD Carral, 57 puntos; 5. SD Tordoia e Sporting Burgo, 51 puntos...

Liga Galega cadete
Clasificación final do grupo 1º: 1. Orzán SD Cadete, 57 puntos; 2. Victoria CF, 54 puntos; 3. Racing de Ferrol, 49 puntos...

Copa Mais Enerxía, na Madroa (Vigo)
Domingo 20 de abril
Primera Fase
11:00: ORZÁN SD CADETE - JUVENTUD CAMBADOS (campo bancada)
12:30: ORZÁN SD CADETE - CALDAS FC (campo bancada)
13:15: AS CELTAS - ORZÁN SD CADETE (campo As Celtas)
Segundo clasificación os equipos pasan á Fase Final, que arrinca ás 16:00

Liga Galega infantil, segunda fase
Clasificación do grupo 1A: 1. Orzán SD Infantil A e SCD Milagrosa, 12 puntos; 3. Racing de Ferrol, 6 puntos...

Clasificación do grupo 2A: 1. UC Cee, 12 puntos; 2. Orzán SD Infantil B e UD Cerqueda, 9 puntos; 4. Silva SD e Sporting Burgo, 3 puntos...