RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Presentada a Dépor Escola Feiraco de Bertamiráns, coas súas últimas prazas para as dúas quendas dos martes

Esta semana foi presentada a Dépor Escola Feiraco en Bertamiráns, que comezará a súa actividade no campo municipal de Ames o próximo 1 de outubro en colaboración co Bertamiráns FC e o Concello de Ames.

Ao acto de presentación asistiron Joel Lodeiro, Coordinador de Fútbol 8 do Bertamiráns FC e Sergio Maurente, responsables das Dépor Escolas Feiraco.

Está aberto o prazo de inscrición en http://escola.rcdeportivo.es.

Polo momento hai as últimas prazas dispoñibles nas 2 quendas dos martes: 16:30 e 17:30.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas nadas entre 2012 e 2019 incluídos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.