RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeira semana de competición para o Dépor en LaLiga Hypermotion

O Dépor comeza este luns 12 de agosto a súa primeira semana de competición en LaLiga Hypermotion, que concluirá coa visita do Real Oviedo a ABANCA-RIAZOR do sábado 17 de agosto ás 19:00 (LaLiga TV Hypermotion e Movistar+).

En zona mixta onte sábado, Germán Parreño cre que o partido ante o CD Leganés da final do Teresa Herrera foi "unha boa pedra para medirnos, para ver o que nos espera de aquí a un pouco".

O meta deportivista asegura estar "contento porque vimos cousas, puidemos limar esa pedra e ver por onde podemos facer dano, por onde nos poden facer dano. As pretemporadas fanse para isto, para ver, identificar as túas virtudes e as túas non tan virtudes".

Imanol Idiakez disporá de cinco sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con almorzo previo para o cadro cada día a partir das 8:30 antes de saltar ao campo ás 10:30.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 12 de agosto
10:30 h.

Martes 13 de agosto
10:30 h.

Mércores 14 de agosto
10:30 h.

Xoves 15 de agosto
10:30 h.

Venres 16 de agosto
10:30 h.

Sábado 17 de agosto
19:00: Deportivo - Real Oviedo, en ABANCA-RIAZOR