Primeiro adestramento de Álvaro Fernández co Dépor na volta ao traballo de Os Nosos após o parón do Nadal
Álvaro Fernández foi a novidade no primeiro adestramento do Deportivo após o parón do Nadal da competición, este luns 29 de decembro a partir das 17:00 horas.
O novo gardameta deportivista, formalizado a súa fichaxe este mediodía, incorporouse ao traballo co seu novo baixo a supervisión do preparador de porteiros Alberto Casal; e en compañía de Germán Parreño, Daniel Bachmann e Eric Puerto.
Unicamente Escudero, que xa fai algunha tarefa co grupo, segue co seu plan específico de readaptación.
Bil, Noé e Samu, este após o seu debut internacional coa selección española sub-19 en Xapón, foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.
Despois dunha activación con roda de pases, Antonio Hidalgo dispuxo dunha tarefa de posición en espazo amplo.
Este martes 30 de decembro Os Nosos adestraranse a partir das 10:30 horas no Dépor Training Center.