RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeiro adestramento de Charlie Patiño co Dépor

Charlie Patiño adestrouse esta mañá con toda normalidade en Abegondo co cadro deportivista.

O novo centrocampista branquiazul aterrou en Galicia o pasado domingo, onte luns superou o recoñecemento médico no Hospital Quirónsalud A Coruña e hoxe xa se puxo ás ordes de Imanol Idiakez.

O técnico deportivista dispuxo unha activación con roda de pases, un exercicio táctico 

Rafa Obrador, en rolda de prensa, destacou esta mesma mañá que os futbolistas branquiazuis "teñen unha calidade inmensa. Xogar ao seu lado facilita o meu xogo".

Tiveron adestramento personalizado Jose Ángel e Berto Cayarga; mentres que Escudero segue co seu plan de incorporación progresiva ao equipo, con tarefas co grupo e co readaptador Fernando Rodríguez.

Pablo García e Rubén López foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá mércores Os Nosos repetirán adestramento a partir das 10:30 en Abegondo para continuar a preparación do partido deste domingo 1 de setembro en ABANCA-RIAZOR ante o Racing de Ferrol (17:00, LaLiga Hypermotion).

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK