RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeiro adestramento de Samuele Mulattieri co Deportivo

Samuele Mulattieri adestrouse esta mañá por primeira vez co Deportivo unha vez confirmado a súa cesión do Sassuolo italiano para esta temporada.

O novo dianteiro deportivista traballou co grupo con total normalidade no inicio dunha semana longa de traballo que concluirá o luns 1 de setembro ás 21:30 en Leganés.

Despois de pasar pola sala de vídeo, Antonio Hidalgo dispuxo unha activacion con rondos e roda de pases, ademais dunha tarefa de posición.

Con 5 sesións de traballo até o partido, o corpo técnico repartirá a carga física co obxecto de chegar ao partido en Butarque nas condicións idóneas.

Con Jose Ángel con adestramento personalizado, do mesmo xeito que o pasado luns o fabrilista Mane estivo co primeiro equipo.

Este xoves Os Nosos están citados para almorzar en Abegondo antes de saltar ao céspede a partir das 10:30.