RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Primeiro mes da Dépor Escola 2025-26 cuns 500 alumnos e alumnas repartidos en 7 sedes

A Dépor Escola cumpre o seu primeiro mes neste curso 2025-26 con 500 alumnos e alumnas repartidos entre as 7 sedes.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas nadas entre 2012 e 2019 incluídos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.

Até a data quedan aínda prazas nas seguintes quendas:

Sede de Alvedro

-Iniciación: 

Luns, martes e mércores ás 17:00

-Tecnificación

Martes ás 18:00, mércores ás 18:00, e xoves ás 17:00 e 18:00

-Perfeccionamento

Martes ás 19:00

Sede de Sada

Luns ás 17:15, mércores ás 17:15 e venres ás 16:15

Sede de Paiosaco

Mércores ás 16:30 

Sede de Zas

Mércores ás 16:30 e 17:30

Sede de Bertamiráns

Martes ás 16:30 e ás 17:30

No Colexio Internacional de Eirís e no Colexio Jesuitinas a preinscrición é no citado centro

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.

Novidades este curso

Están previstas como novidade este curso 3 modalidades na sede de Alvedro.

-Iniciación, dirixida a nenos e nenas entre 3 e 6 anos.

Hai grupos reducidos (máximo 8 xogadores/as) e os obxectivos son: descubrimento do xogo e actividades para descubrir o fútbol; familiarización co balón e xogos predeportivos; e finalmente habilidades motrices básicas e psicomotricidade.

-Tecnificación, para nenos e nenas entre 6 e 11 anos; e tamén en grupos reducidos.

Aplícase a metodoloxía específica do adestramento de fútbol 8 do RC Deportivo, traballarase a mellora de xestos técnicos ofensivos e defensivos; á vez que se axudará na comprensión do xogo do xogador e toma de decisións.

-Perfeccionamento, para nenos e nenas entre 7 e 14 anos. 

Este nivel é de adestramento de alto nivel, con sesións individualizadas e en grupos máis reducidos.

O material de adestramento é avanzado, e haberá un seguimento e avaliación continua para potenciar o seu rendemento.

Trátase dunha oportunidade única para levar o seu fútbol ao seguinte nivel co selo formativo do RC Deportivo.