RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Punto e final a unha longa fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA co Alevín A no Torneo Cantabria Infinita

O Alevín A (na foto principal da noticia) puxo fin este luns en Torrelavega a unha longa fin de semana en ANOSACANTEIRA.

Os branquiazuis participaron no Torneo Cantabria Infinita na localidade de Torrelavega.

Despois de superar a fase de grupos e eliminar ao Atlético Perines en oitavos de final, os pupilos de Alberto Suárez caeron na quenda de penaltis dos cuartos de final co Santutxu FC. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate sen goles (0-0).

Onte domingo 7 de decembro, no partido máis destacado da xornada, o Fabril empatou (0-0) no campo Arsenio Iglesias co Marino de Luanco.

Reapareceron Mane e Noé, con minutos na segunda metade.

Manuel Pablo viu "algo falto de claridade" ao seu equipo ante un rival que defendeu durante moitos minutos en bloque moi baixo.

Este resultado deixou ao filial en 4ª posición con 25 puntos, após a Gimnástica Segoviana CF (28 puntos), CD Numancia de Soria (27) que será o seguinte rival e Oviedo Vetusta (26).

Completou a xornada dominical o triunfo do Xuvenil B por 6-2 ante o CD Choco.

Sen competición esta fin de semana os dous equipos cadetes e o San Tirso SD Infantil, o único partido oficial este sábado 6 foi a visita do Xuvenil A ao Real Racing Club en Santa Cruz de Bezana.

Os branquiazuis golearon por 0-4 aos cántabros e suman 25 puntos na 3º posición da División de Honra após o Sporting de Gijón (28) e RC Celta (27).

Foi titular Nico Balbas após o seu paso polo Mundial sub-17 con Honduras.

O pasado venres, o Infantil impúxose por 2-0 ao RC Celta en #ONOSDERBI da División de Honra correspondente á 9ª xornada que foi aprazado no seu día.

Con este resultado, os branquiazuis consolidan o liderado con 33 puntos por 27 os seus inmediatos perseguidores, RC Celta e ED Val Miñor Nigrán.

Para este venres 5 tamén quedou o encontro do Fabril FC Benxamín, que superou (7-1) no Dépor Training Center ao Sporting Cambre.

O Alevín A e os dous equipos benxamíns adiantaron os seus partidos ligueiros na Primera Futgal A Coruña debido á súa participacion a fin de semana nos torneos da SD Amorebieta, Cantabria Infinita en Torrelavega e Tucho de la Torre en Marín.

O pasado xoves 4 de novembro o Alevín A venceu ao Betanzos CF (0-5) e o Benxamín A ao Atlético Arteixo (0-12).

O partido entre o Fabril FC Alevín e a UD Carral, previsto tamén para o pasado xoves, foi suspendido até nova data por determinar.

Pola súa banda, o Fabril FC Alevín foi o vencedor do Torneo Tucho de la Torre mentres que o Benxamín A acabou en 3ª posición. Neste trofeo, o Fabril FC Benxamín adxudicouse a Fase de Plata.

Os resultados da longa fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
14ª xornada: FABRIL 0 - MARINO DE LUANCO 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 12ª xornada: REAL RACING CLUB 0 - XUVENIL A 4 (Nico Balbas, Lucas Castro, Trillo e Íker Gil)

Liga Nacional, 14ª xornada: XUVENIL B 6 (Roi, Nico -2- e Elías -3-) - CD CHOCO 2

Categoría infantil
División de Honra, 9ª xornada: INFANTIL 2 (Julen Díaz e Santi Durán) - RC CELTA 0

Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada (xoves 4): BETANZOS CF 0 - ALEVÍN A 5 (Adrián Míguez -2-, Antón Fernández, Saúl Cancela e Álex Casado)
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - UD CARRAL, aprazado

XXI Amorebieta Etxano Cup en Txolon
Domingo 7 de decembro
Primera Fase
ALEVÍN A 1 (Andrés Valencia) - SD AMOREBIETA 0
ALEVÍN A 0 - ATHLETIC CLUB 2
ALEVÍN A 1 (Saúl Cancela) - ATLÉTICO DE MADRID 0

Cuartos de final
GIRONDINS DE BORDEAUX 2 - ALEVÍN A 2 (Jorge Víboras e Enzo Fernández). A penaltis: 2-3

Semifinais
ALEVÍN A 1 (Jorge Víboras) - ATHLETIC GIPUZKOA 1. A penaltis: 2-3

Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 0 - DEPORTIVO ALAVÉS 3

X Torneo Cantabria Infinita
Luns 8 de decembro
Primera Fase, en Tanos
ALEVÍN A 2 (Jorge Víboras e Alberto Novo) - SD SOLARES 0
ALEVÍN A 0 - DONOSTIA AK 1
ALEVÍN A 4 (Jorge Víboras, Diego Castelo, Alberto Novo e Saúl Cancela) - CD SANTURTZI 0

Oitavos de final
ALEVÍN A 4 (Saúl Cancela, Jorge Víboras, Alberto Novo e Adrián Míguez) - ATLÉTICO PERINES 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 0 - SANTUTXU FC 0. A penaltis: 1-2

Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
AD VILA DO CORPUS 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Leo Galbán, Nico Castro e Marco Dios)
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - FC PORTO 0
VITÓRIA SC 1 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - RACING DE FERROL 0

Domingo 7 de decembro
FABRIL FC ALEVÍN 3 - PABELLÓN OURENSE CF 0

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Gael Fernández, Nico Castro e Leo Galbán) - SPORTING CP 3. A penaltis: 4-3

Semifinais
FABRIL FC ALEVÍN 0 - FC PORTO 0. A penaltis: 16-15

Final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - VITÓRIA SC 0

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada (xoves 4): ATLÉTICO ARTEIXO 0 - BENXAMÍN A 12 (Tomás Sánchez -4-, Hugo Cancela -3-, Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos -2- Fabio Álvarez e Ian Lata)
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Jaime Fraga -2-, Tomás Lorenzo, Milan Songo'o, Anxo Fernández, Álex Martínez e Diego Freire) - SPORTING CAMBRE 1

Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
AD VILA DO CORPUS 0 - BENXAMÍN A 5 (Xosé Varela -2-, Mateo Ramos, Tomás Sánchez e Leo Díaz)
BENXAMÍN A 1 (Xosé Varela) - FC PORTO 0
VITÓRIA SC 0 - BENXAMÍN A 2 (Pablo Campanero -2-)
BENXAMÍN A 4 (Pablo Campanero, Manu López, Tomás Sánchez e Hugo Rey) - SPORTING DE GIJÓN 2

Domingo 7 de decembro
BENXAMÍN A 5 (Hugo Cancela -2-, Ian Lata, Mateo Ramos e Xosé Varela) - PABELLÓN OURENSE CF 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Pablo Campanero -2- e Tomás Sánchez) - SC BRAGA 2

Semifinais
BENXAMÍN A 0 - REAL OVIEDO 1

Terceiro e cuarto posto
BENXAMÍN 2 (Tomás Sánchez e Manu López) - RC CELTA 1

Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izán Mallón e Álex Martínez) - SC BRAGA 4
EF VILA DE MARÍN 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izan Mallón e Bruno Gómez)
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izan Mallón e Jaime Fraga) - RC CELTA 3
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SPORTING CP 3

Domingo 7 de decembro
REAL OVIEDO 4 - FABRIL FC BENXAMÍN 0

Fase de Plata
Semifinal
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Juan Crujeiras) - SPORTING DE GIJÓN 0

Final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Bruno Gómez) - AD VILA DO CORPUS 0