RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Regreso en autocar e novo adestramento o luns 3 de novembro para As Nosas

Finalizado o partido en Eibar, cuxo resumo podes ver ao pé da noticia, As Nosas emprenden viaxe de regreso por estrada á Coruña.

Este domingo haberá xornada de descanso para o Dépor ABANCA, que volve ao Dépor Training Center o luns 3 de novembro a partir das 10:30.

Esta próxima semana hai Copa de la Reina o mércores 5 de novembro nas Palmas (20:00 hora galega, 19:00 hora local) ante o Guiniguada Apolinario CD e liga o domingo 9 de novembro en Barcelona (12:00) horas ante o Barça.

En Ipurúa, as branquiazuis homenaxearon á capitá Cris Martínez, que acaba de ser nai, cunhas camisetas nas que dicía o seguinte: "Un novo deportivista na familia. Benvido Nicolás".