ANOSACANTEIRA viviu a última semana de competición no ano 2025.
Destacou o partido do Fabril ante o Real Ávila CF este domingo 21 de decembro no campo Arsenio Iglesias do Dépor Training Center.
Os fabrilistas venceron por 2-1 con goles de Dipanda e Domínguez; e acaban no liderado con 31 puntos, os mesmos que a Gimnástica Segoviana (2º).
Manuel Pablo afirmou que "foi o partido que máis nos tocou sufrir".
Foi baixa Samu, concentrado coa selección española sub-19 en Xapón; ademais dos lesionados Damián Canedo, Íker Vidal e Aarón.
Noé e Bil entraron na segunda metade a pesar de regresar en autocar desde Andorra co Dépor durante toda a noite.
Completou a xornada a goleada (1-6) do Xuvenil A (na foto principal da noticia) ante o Atlético Coruña Montañeros CF na División de Honra na Grela 1.
Os pupilos de Miguel Figueira, con 31 puntos, son segundos na táboa a 2 puntos do RC Celta, líder con 33.
Este sábado 20 xogouse o resto da xornada, onde destacou #ONOSODERBI na División de Honra cadete entre o RC Celta e o Dépor na Madroa.
Houbo empate a 2 goles e os branquiazuis manteñen a súa vantaxe de 4 puntos á fronte da táboa.
Tamén o sábado o Xuvenil B goleou no Dépor Training Center ao ED Val Miñor Nigrán B (5-0) e o San Tirso SD Infantil caeu co RC Celta no Monte (0-5).
Fóra de casa, ademais do citado encontro do Cadete en Vigo, o San Tirso SD Cadete sumou un punto en Santa Isabel ante a SD Compostela (2-2), o Infantil superou ao Victoria CF no campo Víctor Fernández Alonso (0-11), o Alevín igualou co ED Luis Calvo Sanz nas Eiroas (0-0) e o Benxamín A superou ao Santa Cruz CF no campo Leonardo Maceiras de Os Regos, Oleiros (0-9).
Xogaron na Torre o Fabril FC Alevín ante o Atlético Arteixo (5-1) e o Fabril FC Benxamín ante o Atlético Coruña Montañeros CF (2-3).
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
16ª xornada: FABRIL 2 (Dipanda e Domínguez) - REAL ÁVILA CF 1
Categoría xuvenil
División de Honra, 14ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - XUVENIL A 6 (Íker Gil -2-, Lucas Castro -2-, Leandro e Miguel de Labra)
Liga Nacional, 16ª xornada: XUVENIL B 5 (Elías -3-, Rubén e Pablo Crespo) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN B 0
Categoría cadete
División de Honra, 13ª xornada: RC CELTA 2 - CADETE 2 (Iago Varela e Nico Giovanni)
División de Honra, 13ª xornada: SD COMPOSTELA 2 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Hugo Ferreirós e Carlos Crespo)
Categoría infantil
División de Honra, 13ª xornada: VICTORIA CF 0 - INFANTIL 11 (Álvaro Gómez -2-, David Gómez, Santi Durán -4-, Aritz, Gael, Jaime e Julen)
División de Honra, 13ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - RC CELTA 5
Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 13ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ 0 - ALEVÍN 0
Primeira Futgal A Coruña, 13ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 5 (Manu Parada, Nico Castro, Marco Deus, Leo Galván e Martín Coronel) - ATLÉTICO ARTEIXO 1
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 13ª xornada: SANTA CRUZ CF 0 - BENXAMÍN A 9 (Hugo Cancela -4-, Mateo Ramos -2-, Fabio Álvarez, Tomás Sánchez e Hugo Rey)
Primera Futgal A Coruña, 13ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Álex Martínez e Jaime Fraga) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 3
