RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina na última xornada do 2025, con cara e cruz este domingo para Orzán SD Infantil A e Orzán SD Xuvenil

Este domingo 21 de decembro xogáronse os últimos encontros do ano en ANOSACANTEIRA feminina.

O Orzán SD Xuvenil perdeu en Rebordelo co SR Calo (3-2) e cae a postos de descenso de Primera Autonómica; mentres que o Orzán SD Infantil A superou ao CD As Pontes en O Poboado (0-6 ) e é líder do seu grupo da Liga Galega con 25 puntos.

Para este sábado 20 quedaron outros 2 encontros: o Orzán SD Cadete en Narón (1-4) e o Orzán SD Infantil B ante o UC Cee (3-3).

O encontro da Tercera Federación entre o Orzán SD Sub-21 e o RC Celta B este venres 19 de decembro no Dépor Training Center abriu o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA feminina.

As orzanistas caeron por 1-2 nun partido que se puxo costa arriba con 2 goles visitantes nos primeiros 6 minutos.

Carmen Couto, aos 20 minutos, recortou diferencias pero o marcador xa non se movería.

Con este resultado, o Orzán SD Sub-21 queda con 14 puntos na 8ª posición da táboa.

Ten xa descanso o Deportivo ABANCA B, que concluíu o ano en 9ª posición de Segunda Federación con 14 puntos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
12ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 1 (Carmen Couto) - RC CELTA B 2

Primera Autonómica
12ª xornada: SR CALO 3 - ORZÁN SD XUVENIL 2 (Lola Freire e Daniela Barbanzán)

Liga Galega cadete
10ª xornada: CD NARÓN 1 - ORZÁN SD CADETE 4 (Lola Freire -2-, Daniela Barbanzán e Telma García)

Liga Galega infantil
10ª xornada: CD AS PONTES 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 6 (Candela Vázquez -2-, Inés Neira -2-, María López-Perales e unha futbolista rival en propia meta)

10ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 3 (Sasha Abigail e Claudia García -2-) - UC CEE 3