RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfo hoxe domingo do Orzán SD Sub-21 en Copa e do Orzán SD Cadete na Copa 'Máis Enerxía' en Vigo

Dous partidos de competición oficial xogáronse en ANOSACANTEIRA feminina esta semana Santa.

Hoxe domingo 20 de abril o Orzán SD Sub-21 superou por 0-4 ao Eirís nos oitavos de final da Copa da Coruña.

O seu seguinte rival, en cuartos de final, será o SCD Pastoriza. 

Onte sábado 19, o Dépor ABANCA B, líder da Tercera Federación, goleou por 11-0 ao Real Oviedo B.

As branquiazuis, a falta de 2 partidos, avantaxan en 1 punto ao Olímpico de León á fronte da táboa.

Finalmente o Orzán SD Cadete, que acabou o grupo 1º da Liga Galega na 1ª posición con 57 puntos, disputou aproveitando a Semana Santa o Torneo Copa 'Máis Enerxía' no campo da Madroa en Vigo.

As orzanistas foron brillantes campioas ao derrotar ao RC Celta na gran final por 1-2.

Non puideron xogar cos seus equipos Antía Veiga e Claudia Sande, concentradas coa selección española sub-16 para dous amigables ante Estados Unidos en Alicante.

Os resultados foron os seguintes:

Tercera Federación
28ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 11 (Laura Otero -2-, Michi Apóstol -5-, Paula Monteagudo, Marta Rico, Laura Ruiz e Dunia Dahmouni) - REAL OVIEDO B 0

Copa da Coruña
Oitavos de final: EIRÍS SD 0 (Emma Gandoy, Dunia Dahmouni -2- e Ivana Fernández) - ORZÁN SD SUB-21 4

Categoría cadete
Copa 'Máis Enerxía', na Madroa (Vigo)
Domingo 20 de abril
Primera Fase
ORZÁN SD CADETE 1 (Marta Moreno) - JUVENTUD CAMBADOS 0
ORZÁN SD CADETE 4 (Marta Moreno, Daniela Macedo, Martina Santamarina e Carla Álvarez) - CALDAS FC 0

Semifinais
ORZÁN SD CADETE 1 (Carmen Couto) - VICTORIA CF 1. A penaltis: 7-6

Final
RC CELTA 1 - ORZÁN SD CADETE 2 (Daniela Macedo -2-)