RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina; este domingo con derrotas do Dépor ABANCA B e Orzán SD Xuvenil, e empate do Orzán SD Sub-21

O partido do Dépor ABANCA B ante o Real Racing Club correspondente á 7ª xornada en Segunda Federación e previsto para este domingo 19 en Astillero (Cantabria) foi o partido máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

A gran novidade foi a presenza na convocatoria da internacional Lucía Rivas, superada a súa lesión de xeonllo.

A internacional, que se lesionou na pretemporada de 2024 nun amigable do Dépor ABANCA en Salamanca ante a Valencia CF Féminas, foi cariñosamente homenaxeada polas Nosas pola súa volta á competición. Recibiu ao termo dun entrenmamiento desta semana no campo 6 do Dépor Training Center un cariñoso corredor de collejas e até foi manteada.

Lucía Rivas xogou os últimos 20 minutos nun partido que levou o Racing pola mínima grazas a un gol ao arrincar a segunda metade.

Si causou baixa Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 de cara ao Mundial da categoría que arrinca este domingo ante Colombia.

Completaron a xornada do domingo os partidos na Torre do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria FC (1-1) e do Orzán SD Xuvenil fronte á SD Antas (1-2) que deixan aos equipos orzanistas na 5ª posición da Tercera Federación e 9ª da Primera Autonómica.

Na xornada de onte sábado a quenda foi para as cadetes (1-1 en Cambre) e para as infantís: na Torre (7-0) o A e en Rois (0-7) o B.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
7ª xornada: REAL RACING CLUB 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Tercera Federación
5ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 1 (Claudia Sande) - VICTORIA FC 1

Primeira Autonómica
5ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Daniela Barbanzán) - SD ANTAS 2

Liga Galega cadete
3ª xornada: SPORTING CAMBRE 1 - ORZÁN SD CADETE 1 (Valentina Fernández)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 7 (Vera Melki -3-, María López-Perales -2-, Lara Vázquez e Daniela Mingo) - SILVA SD 0

Grupo 2º, 3ª xornada: CD ROIS 0 - ORZÁN SD INFANTIL B 7 (Sasha Abigail -2-, Claudia García -2-, Daniela Loureiro, Antía Trigo e Silva Sanmartín)