RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Rubén cre que a temporada é moi completa e Dani Barcia vaise de Zubieta encantado do traballo que se fixo

Rubén López e Dani Barcia, dous canteiráns titulares hoxe, pasáronse pola zona mixta de Zubieta.

O mediocentro agradeceu en primeiro lugar o xesto "moi bonito" da Real Sociedad B, que fixo o corredor aos campións de grupo ao saltar ao céspede os dous equipos. "É moi merecido porque fixemos unha temporada moi completa e dando un moi bo nivel", apunta.

Do estado do céspede afirmou que "ao principio estaba moi ben para xogar pero a choiva fixo que fose máis complicado xogar o balón".

Subliña que "nos primeiros minutos cando o campo estaba ben tentamos facer o que nos pediu o míster, que era ter a posesión de balón; pero co paso do tempo foi máis complicado".

Sen perder no que vai da segunda volta, "parece unha bobada pero estamos aí para conseguir unha marca de imbatibilidade e estamos contentos polo empate", conclúe Rubén López.

Pola súa banda, Dani Barcia lembrou que "viñamos aquí a representar ao Deportivo. Empezamos bastante ben, a segunda parte aínda tivemos máis control. Encantados do traballo que se fixo".

O central coruñés advirte que estas semanas sen xogar "estiven a traballar ao máximo e cando se me dá a oportunidade tento demostrar que podo".

Finalmente desvela que "todo o equipo quere ir gañar" a eliminatoria ante o Castellón; e "se me pon, tentar facelo como o veño facendo até agora".