RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Rubén López ve esta pretemporada como unha oportunidade e un premio polo traballo da temporada pasada

Rubén López cre que facer a pretemporada co primeiro equipo "é unha oportunidade para convencer a Imanol de poder seguir con el e un premio polo traballo da temporada pasada".

Márcase como obxectivo "aproveitala e seguir tendo minutos co primeiro equipo". "A miña idea é tentar convencer a Imanol para contar nos seus plans e que me siga dando oportunidades. Aínda non tiven momentos para falar con el a idea é que estea na dinámica dos adestramentos e despois xa se verá se conto para os partidos, o Fabril ou o que sexa", engadiu.

Admite que ao longo da súa carreira "sempre xoguei máis atrasado pero no fútbol hai variantes e o equipo necesitou que xogase máis adiantado. Sempre que tiven minutos nesa posición encantado. Dáme igual xogar de 8, de 6... Nótome cómodo en todas as posicións".

Rubén confesa que "agora todo o mundo está a fixarse en Rodri. Gustaríame ser un perfil como el na selección e no City".

Cun nutrido grupo de canteiráns estes días co primeiro equipo lembra que "as pretemporadas adoitan ser con xogadores da canteira para completar os adestramentos. Este ano estamos a ser máis canteiráns e mentres sexa así mellor para a base e mellor para Abegondo".

Prefire non comentar a posibilidade de que cheguen reforzos ao centro do campo pero, promete, "tentarei seguir traballando para gañarme se non un posto, si os minutos que me propoña".

De feito, ten claro que "se vén alguén é para sumar e mellorar ao equipo. Se non vén terei máis posibilidades pero pase o que pase estou contento... e a seguir traballando".