RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Segundo equipamento Dépor 2021-2022

O novo patrocinador técnico do RC Deportivo, Kappa, desvelou esta tarde o segundo equipamento do Dépor para a Temporada 2021-2022.

Predominantemente negra, coa maior parte dos detalles en branco, a camiseta loce dúas liñas coas cores branquiazuis do Deportivo percorrendo a peza de arriba abaixo, finalizando nun degradado a base de círculos, na parte dianteira. O escudo en branco e negro, de goma sobre o corazón, e o ommini de Kappa, en branco na parte dereita, na posición elevada distintiva de todas as pezas da marca italiana ocupan a parte dianteira superior. O pescozo elástico e redondo en branco, coa parte dianteira de forma triangular, igual que o do primeiro equipamento, e o novo símbolo de Estrella Galicia completan a parte dianteira.

Nas costas, completamente negra salvo dúas pequenas chiscadelas branquiazuis no pescozo e na cintura idénticos aos da parte dianteira, lucirán os dorsais e nomes dos xogadores en branco xunto coa aplicación de marca de ABANCA na parte inferior e unha bandeira galega na parte traseira do pescozo. Outro sobrio e elegante deseño do segundo equipamento do Dépor 21-22, as nosas cores.

A segunda camiseta do Dépor para esta temporada xa está a disposición de todos os Deportivistas nas DéporTiendas físicas e en www.deportienda.es