RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Segundo partido de Inês Pereira ante Estados Unidos, este domingo 26 de outubro en Connecticut

Inês Pereira está concentrada coa selección portuguesa para dous partidos amigables ante Estados Unidos nesta xanela FIFA de seleccións.

O segundo amigable entre ambas as seleccións xogarase este domingo 26 de outubro ás 22:00 (hora galega, 16:00 hora local) no Estadio Pratt & Whitney East Hartford (Connecticut).

Francisco Neto, seleccionador de Portugal, admitiu cambios no once e vaticinou un rival con "presión alta. Van ser máis agresivas e estar máis encima nosa".

O primeiro dos partidos foi na madrugada do pasado venres en Galicia no Estadio Subaru Park en Chester (Pensilvania).

Este encontro pasou á historia do fútbol portugués posto foi a primeira vitoria (1-2) do combinado luso sobre o estadounidense.

A porteiro deportivista foi titular e, a pesar de que encaixou un gol aos poucos segundos de partido, foi providencial evitando con varias intervencións de mérito que Estados Unidos marcase máis goles.

As norteamericanas son as vixentes campioas olímpicas após derrotar na final dos Xogos de París 2024 a Brasil. En total lograron en 5 ocasións a medalla de ouro e ademais son 4 veces campioas do mundo.

O calendario de partidos de Inês Pereira, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 23 de outubro
ESTADOS UNIDOS 1 - PORTUGAL 2

Domingo 26 de outubro
16:00 (hora local, 22:00 en Galicia): ESTADOS UNIDOS - PORTUGAL, no Estadio Pratt & Whitney East Hartford (Connecticut)

Finalizado este encontro, Inês Pereira regresará a Portugal, con chegada a Lisboa ás 10:15 (11:15 hora galega) do luns 27 de outubro.