RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Semana con visita dun grande, o Atlético de Madrid, a un Dépor ABANCA convencido que "vai estar mellor"

O Dépor ABANCA, este luns con xornada de descanso, arrinca o martes 14 unha semana especial, coa visita dun dos grandes de Liga F, o Atlético de Madrid, a ABANCA-RIAZOR este domingo 19 de outubro ás 12:00 horas (Dazn).

Os resultados da última xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante o DUX Logroño, deixaron ás Nosas en 13ª posición con 6 puntos.

Fran Alonso admitiu na rolda de prensa pospartido do pasado sábado que "non é onde queremos estar. Temos 6 puntos agora mesmo. Queremos ter máis puntos pero isto acaba de empezar. Seguimos con confianza no grupo e o equipo vai estar mellor nas próximas semanas".

O corpo técnico preparará o choque ante o Atlético con 4 sesións de adestramento matinais no campo 6 do Dépor Training Center.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 14 de outubro
10:30 h.

Mércores 15 de outubro
10:30 h.

Xoves 16 de outubro
Descanso

Venres 17 de outubro
10:30 h.

Sábado 18 de outubro
10:30 h.

Domingo 19 de outubro
12:00: Deportivo ABANCA - Atlético de Madrid, en ABANCA-RIAZOR