RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Semana grande para o Dépor con Copa ante un histórico e liga, que "é o importante", ante outro aspirante ao ascenso

O Dépor arrinca este luns 12 de xaneiro unha esixente semana de competición con Copa del Rey este martes 13 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR (21:00, Movistar +) ante un histórico, o Atlético de Madrid; e liga o sábado 17 ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) no UD Almería Stadium ante un aspirante ao ascenso, a UD Almería.

Diego Villares, o pasado sábado no Estadio Gran Canaria, recoñeceu que o choque ante os colchoneiros "é un partido que a calquera futbolista gústalle xogar. É un equipo grande do panorama nacional".

Iso si, subliña que "o importante é a liga, recuperar as boas sensacións e volver á boa dinámica".

En LaLiga Hypermotion, o empate en Las Palmas e os resultados do resto da xornada deixaron a Os Nosos en 5ª posición, postos de play off, con 34 puntos.

Ademais destes dous esixentes encontros cun longo desprazamento a Almería incluído, Antonio Hidalgo disporá de 5 sesións de traballo no Dépor Training Center.

Finalmente, o adestramento do venres 16 adiántase ás 8:45 posto que nada máis concluír, o Dépor desprazarase á cidade andaluza.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 12 de xaneiro
17:00

Martes 13 de xaneiro
11:00
21:00: Deportivo - Atlético de Madrid, en ABANCA-RIAZOR

Mércores 14 de xaneiro
11:30 h.

Xoves 15 de xaneiro
10:30 h.

Venres 16 de xaneiro
8:45 h.

Sábado 17 de xaneiro
21:00: UD Almería - Deportivo, no UD Almería Stadium