RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

"Semana intensa e de moito traballo" para o Dépor con Copa en Castro Urdiales e liga en Zaragoza

O Dépor comezou este luns no campo 3 do Dépor Training Center "unha semana intensa e de moito traballo" tal e como a definiu Germán Parreño na zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o encontro ante o Real Valladolid.

Os Nosos debutan na primeira rolda da Copa del Rey este xoves 30 de novembro ás 21:00 (TVG) no Estadio Riomar de Castro Urdiales ante a UD Sámano e visitarán en LaLiga Hypermotion ao Real Zaragoza o domingo 2 de novembro ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) no Ibercaja Estadio.

Os resultados da última xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante o Real Valladolid, situaron ao Dépor con 17 puntos na 8ª posición de LaLiga Hypermotion.

O equipo, segundo o porteiro deportivista, está "a traballar desde agora na Copa que nos ilusiona e no partido de Zaragoza".

Non lle preocupa a Germán a acumulación de 3 partidos en 7 días posto que "hai cadro máis que de sobras para afrontar ao 100% cada partido".

Con dous desprazamentos por medio, Antonio Hidalgo verase obrigado a traballar estes 6 días en 3 escenarios diferentes: Dépor Training Center, Lezama e o campo de adestramento do CD Mirandés en Miranda de Ebro.

Na sesión deste luns, no campo 3 do Dépor Training Center, o corpo técnico dividiu ao cadro en dous grupos. Os titulares onte en ABANCA-RIAZOR realizaron a activación e pasaron a tarefas de recuperación física, con ximnasio e fisioterapia.

Para o resto houbo un exercicio de posición con porterías pequenas, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade, para concluír.

Samu, Hugo Ríos, Damián Canedo e Íker Vidal foron os representantes de ANOSACANTEIRA; mentres que Ximo Navarro, Escudero e Daniel Bachmann están con traballo personalizado.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 27 de outubro
10:30 h., Dépor Training Center

Martes 28 de outubro
10:30 h., Dépor Training Center

Mércores 29 de outubro
10:30 h., Dépor Training Center

Xoves 30 de outubro
21:00 (Copa do Rei): UD Sámano - Deportivo, no campo de Riomar (Castro Urdiales)

Venres 31 de outubro
11:00 h., Lezama

Sábado 1 de novembro
10:30 h., campo de adestramento do CD Mirandés

Domingo 2 de novembro
21:00: Real Zaragoza - Deportivo, no Ibercaja Estadio