RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Sergio Escudero comezou a facer tarefas co grupo na primeira sesión da semana do Dépor

Sergio Escudero comezou esta mañá a facer tarefas co grupo no primeiro adestramento da semana do Dépor.

O lateral zurdo realizou co resto dos seus compañeiros a activación e unha roda de pases; e pasouse logo ao campo anexo co readaptador Fernando Rodríguez en compañía de Iano, tamén lesionado, para continuar co seu proceso de recuperación.

O outro futbolista á marxe é Jose Ángel, que nos últimos minutos en Huesca sufriu unha contusión no seu nocello dereito.

A sesión de hoxe completouse cun exercicio de posición no campo 2 con porterías pequenas para o resto do cadro e fútbol reducido, de alta intensidade, unicamente para os futbolistas que non actuaron de inicio no Alcoraz o pasado sábado.

Rubén López e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá martes 27 de agosto Os Nosos adestraranse de novo en Abegondo a partir das 10:30 de cara á 3ª xornada de liga, este domingo 1 de setembro ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Racing de Ferrol (LaLiga Hypermotion TV).

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK