RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Sesión de recuperación física no Dépor Training Center este luns para Os Nosos "despois de dar un bo golpe"

Despois de 12 horas de autocar de regreso de Almería durante toda a noite do sábado ao domingo, con chegada ás 12:00 do mediodía á Coruña, o Dépor deseñou un luns de recuperación física.

Os titulares no UD Almería Stadium fixeron no céspede unicamente unha activación antes de pasar ao ximnasio e á sala de fisioterapia.

"Demos un bo golpe", apuntou Mario Soriano na zona mixta após o triunfo ante o equipo almeriense.

O centrocampista branquiazul, no entanto, lembra que "queda moito, 20 partidos, e isto é moi longo".

Para os demais membros do cadro houbo ademais un exercicio de posición, outra de transicións ofensivas e fútbol reducido, de alta intensidade.

Bil e Noé, que debutou o pasado sábado en liga despois de haberse xa estreado en Copa del Rey, foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este martes haberá xornada de descanso. O Dépor comezará o mércores 21 de xaneiro ás 10:30 no Dépor Training Center a preparar a seguinte cita ligueira, o domingo 25 de xaneiro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club.