RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Sesión forte da semana en Abegondo con esa enerxía que necesitamos para afrontar este primeiro partido

O Dépor realizou esta mañá entre os campos 2 e 3 de Abegondo a sesión forte da semana previa ao comezo de LaLiga Hypermotion, este sábado 17 de agosto ás 19:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Movistar+).

En rolda de prensa, un dos capitáns do equipo, Diego Villares confesou que "tiñamos ganas de que por fin chegase o inicio da competición. Todo o mundo está con ganas de que empece e con esa enerxía que necesitamos para afrontar este primeiro partido".

"As pretemporadas están ben pero o que gusta é a competición", engade o centrocampista branquiazul.

Imanol Idiakez dispuxo un primeiro exercicio táctico no campo 2 en dous grupos e, a continuación, un ensaio do plan de partido no campo 3.

Escudero está con traballo personalizado mentres que Rubén e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves 15 de agosto o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 en Abegondo.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK