RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Stoichkov cre que "imos facer falta todos" e Arnau Comas presume de "bos xogadores en todas as liñas"

Stoichkov e Arnau Comas pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro andaluz, autor do segundo tanto do Dépor ante o AD Ceuta FC, afirmou estar "moi contento polos 3 puntos primeiro e logo por axudar ao equipo cun gol. Tiña ganas e que mellor maneira que estrearme aquí en ABANCA-RIAZOR".

Considera "importante que todos esteamos enchufados. Imos facer falta todos nesta categoría. Puiden saír e xogar máis minutos dos que viña xogando. Estou moi contento por poder axudar ao equipo con goles. Imos facer falta todos porque esta categoría é moi longa e necesitamos a todos", insistiu.

Stoichkov lembra que "calquera equipo che pode complicar as cousas. Eles cando nos marcaron apertaron un pouco máis pero en LaLiga Hypermotion para sumar de 3 tes que sufrir moito. Ao final conseguiuse o obxectivo que era o de sumar os 3 puntos".

Pola súa banda, Arnau Comas recoñeceu que "os últimos minutos custaron un pouco pero sacamos o que queriamos, os 3 puntos; e seguimos coa boa dinámica, que é o importantre".

Confesou que debido a un proceso vírico "non estaba ao 100% pero estaba para axudar se tocaba, como foi o caso. E púideno levar ben. Agora a recuperar estes días e estar ao 100%".

Finalmente presume o central branquiazul de que no Dépor "temos bos xogadores en todas as liñas" e subliña que "sempre que houbo cambios estamos a responder todos moi ben. Moitos partidos con portería a cero, estamos a encaixar pouco, que é o primordial".