RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Tošić: "Estou a mellorar en todos os aspectos do meu xogo polas boas instalacións"

Nemanja Tošić foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

Asegura que nestes meses en Abegondo "mellorei e desenvolvinme como xogador". Basea a súa evolución "no aspecto técnico e na adaptación ao fútbol español, que é máis técnico e máis rápido co balón".

Cre que "estou a mellorar en todos os aspectos do meu xogo polas boas instalacións".

O lateral zurdo deportivista destacou en referencia ao partido deste domingo 6 de abril ás 21:00 horas ante o Cádiz CF (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos) que "o ambiente en ABANCA-RIAZOR é un dos mellores que vin. Este ambiente axúdanos e é unha motivación extra para xogar mellor e conseguir a vitoria".

Titular a pasada fin de semana na Malata por primeira vez desde a súa chegada ao Dépor Tošić mostrouse "moi contento por ter a oportunidade de xogar e axudar ao equipo" e, por suposto, "feliz por conseguir o obxectivo e gañar o partido".

Finalmente, do Cádiz CF confesa que viu o seu partido do pasado luns: "É un bo equipo. É moi importante o partido como os demais", conclúe.