RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Traballo para o Dépor entre a xornada de descanso de onte domingo e a de mañá martes para insistir porque temos capacidade e xogadores

O Dépor realizou hoxe luns en Abegondo unha sesión de adestramento entre a xornada de descanso de onte domingo e a de mañá martes nunha semana longa previa ao partido deste domingo 1 de outubro ás 12:00 no Estadio Fernando Torres ante o CF Fuenlabrada (FEF TV).

Dirixiu hoxe a sesión o segundo adestrador Mario Gibanel, posto que Imanol Idiakez está fóra da Coruña por motivos familiares.

Con Yeremay, Ximo Navarro, Barbero e Mella con traballo personalizado, todo o grupo completou un quecemento e un exercicio de posición. 

A continuación, os titulares o pasado sábado en ABANCA-RIAZOR ante a UE Cornellà retiráronse ao vestiario para seguir con ximnasio e recuperación física cos fisioterapeutas.

Para os demais futbolistas, incluídos os canteiráns Martín Ochoa, Tim, Barba e Álvaro Santamaría, houbo tamén unha tarefa de transicións e fútbol en partido reducido, de alta intensidade.

Neste grupo estivo Salva Sevilla, que debutou o pasado sábado coa camiseta do Dépor: "Saíu no momento no que xusto nos volvemos uns pouco tolos porque veu o gol deles. Salva é un xogador contrastado, non hai ningunha dúbida. Estou convencido que nos vai a dar moito", comentou en rolda de prensa post-partido Imanol Idiakez.

O técnico branquiazul está convencido que o Dépor "ten máis cousas boas que malas; e a seguir". Subliña que "está a ser difícil este inicio porque temos moitas ganas de agradar a #ANOSAFORZA, coa marca de socios (máis de 28.000), con toda a xente que vén e co que nos animan. Somos os que máis ganas temos de darlles unha alegría e non se está dando. Imos insistir, insistir e insistir. Estou convencido que pronto o imos a poder conseguir".

Imanol advertiu que "os equipos están a vir a encerrarse, xuntan moita xente detrás da pelota, preto da súa área, do seu porteiro; e aí non estamos a ter o acerto que queremos pero hai que insistir porque temos capacidade e xogadores".

Os Nosos adestraranse de novo o mércores 27 de setembro ás 10:30 en Abegondo.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK