O partido do grupo 1º da Liga Galega entre o Orzán SD Cadete e o Sporting Burgo, este venres 5 de decembro no campo da Lavandeira de Culleredo, abriu o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA feminina.
As orzanistas venceron por 11-0 e suman 22 puntos á fronte da táboa, á espera do partido do Victoria CF, que ten 21 puntos, correspondente a esta xornada.
En canto ao fin de semana, sobresae o partido do Dépor ABANCA B no campo Novo San Pedro ante o Atlético Villalonga, o sábado ás 17:00 horas.
Sandro Nogueira poderá contar con Antía Veiga, que acaba de participar coa selección española sub-17 na Rolda 1 do Campionato de Europa de Portugal.
As Nosas son oitavas na clasificación da Segunda Federación con 13 puntos.
Ademais deste partido, o sábado 6 de decembro ás 16:00 na Torre o Orzán SD Infantil B mídese ao líder do grupo 2º da Liga Galega, o Victoria FC.
Para o domingo 7 queda o resto de partidos da xornada.
O Orzán SD Sub-21 xoga en Narón ante a SD O Val (17:00) mentres que o Orzán SD Xuvenil enfróntase na Torre (12:00) ao Sporting Cambre.
Finalmente ten descanso o Orzán SD Infantil A en o grupo 1º da Liga Galega.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
12ª xornada: ATLÉTICO VILLALONGA FF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 6 de decembro ás 17:00 no campo Novo San Pedro
Clasificación: ... 7. SD Eibar B, 16 puntos; 8. Deportivo ABANCA B, 13 puntos; 9. Olímpico de León, 12 puntos... 14. Atlético Villalonga FF, 4 puntos
Tercera Federación
10ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 7 de decembro ás 17:00 no campo de O Sinde (Narón)
Clasificación: ... 5. Victoria FC, 16 puntos; 6. Lóstrego CF e Orzán SD Sub-21, 14 puntos; 8. Tomiño FC Feminino, 13 puntos... 10. SD O Val, 6 puntos...
Primera Autonómica
11ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SPORTING CAMBRE, o domingo 7 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 12. Sporting Cambre e SCD Pastoriza, 7 puntos; 14. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 15. UD Carral, 4 puntos...
Liga Galega cadete
9ª xornada: ORZÁN SD CADETE 11 (Lorena Anastase, Carmen Couto -2-, Carolina Lago, Alba García -3-, Daniela Barbanzán -2-, Lola Freire e Antía Losada) - SPORTING BURGO 0
Clasificación: 1. Orzán SD Cadete (un partido máis), 22 puntos; 2. Victoria CF, 21 puntos; 3. SCD Milagrosa e Racing de Ferrol, 18 puntos...
Liga Galega infantil
Clasificación do grupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A, 22 puntos; 2. Racing de Ferrol (un partido menos), 19 puntos...
9ª xornada, grupo 2º: ORZÁN SD INFANTIL B - VICTORIA FC, o sábado 6 de decembro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: 1. Victoria FC, 24 puntos... 3. Bergantiños CF e UD Cerqueda, 16 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 15 puntos; 6. UC Cee, 9 puntos...
