RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Últimas horas para apuntarse no Nivel 2 e Nivel 3 da Escola de Adestradores do RC Deportivo

Últimas horas para anotarse no curso de Técnico Deportivo (nivel 2) e Técnico Deportivo Superior (nivel 3) da Escola de Adestradores do RC Deportivo (Dépor Coaching Academy), centro de formación autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional Orde 20 de xullo de 2005 (DOG 2/08/2005).

O prazo de inscrición finaliza este martes 30 de setembro.

A Escola de Adestradores do RC Deportivo, baseada no Método Dépor, ofrece unha serie de importantes vantaxes:

-Os títulos son oficiais e ademais homologados pola RFEF con validez tanto nacional como internacional.

-As prácticas están garantidas no RC Deportivo.

-Acceso a bolsa de traballo no club.

-Horario compatible con estudos ou traballo: de 19:30 a 23:10 o luns e mércores; e o sábado de 9:00 a 14:00 (só primeiro trimestre)

-Masterclasses con profesionais do Dépor: Massimo Adalberto Benassi, Fernando Soriano, Kevin Cabado...

-Carné de abonado gratis para asistir aos partidos en ABANCA-RIAZOR.

Están previstos ademais estes descontos:

- 5% ao alumnado que valida o bloque común.

- 10% abonados e/ou accionistas do Real Club Deportivo.

- 15% adestradores/xogadores de clubs con convenio co RC Deportivo.

- 30% titulados ou estudantes da Universidade da Coruña (UDC).

Inscríbeche xa ou pide información enviando un email a dcs@rcdeportivo.es ou ben chamando ao 689 618 558.

Máis información en http://escolaadestradoresrcd.es.