RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Último adestramento da semana do Dépor ABANCA, que regresa ao traballo o luns 9 no Dépor Training Center

O Dépor ABANCA puxo este sábado 7 de marzo cun último adestramento no Dépor Training Center o punto e final á segunda semana consecutiva sen liga.

Fran Alonso dirixiu unha sesión de traballo na que non estiveron presentes as 3 futbolistas internacionais: Inês Pereira, Espe Pizarro e Marisa.

E tampouco se exercitaron co primeiro equipo as canteirás que competiron este sábado 7 co filial en Lezama ante o Athletic B: Lucía Rivas, Paula Novo, Redru e Carmen.

Este domingo 8 de marzo haberá xornada de descanso para un Dépor ABANCA que regresa aos adestramentos o luns 9 de marzo ás 10:45 no Dépor Training Center.

A próxima semana volve a Liga F, coa visita do FC Barcelona a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 15 de marzo ás 12:00, en partido retransmitido en directo por Dazn, GOL, TEN, TVG e 3Cat.