RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Un Dépor "con ese plus, esa enerxía" de case un milleiro de afeccionados no Reino de León, mídese este sábado 31 á Cultural

O Dépor, após unha "semana curta" como apuntou Antonio Hidalgo este venres en rolda de prensa, enfróntase este sábado 31 de xaneiro ás 18:30 (LaLiga TV, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) á Cultural Leonesa en partido correspondente á 24ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Os Nosos chegan ao choque en 5ª posición con 37 puntos.

Antonio Hidalgo dirixiu este venres 30 unha última sesión no Dépor Training Center antes de viaxar por estrada á cidade leonesa.

Cos fabrilistas Bil e Noé, houbo unha activación con rondos, fútbol reducido, unha tarefa de finalizacións e un último repaso ao plan de partido.

"Todo o mundo está en condicións de poder competir" asegura o adestrador deportivista, aínda que admitiu que "vai pasando a temporada e hai futbolistas que teñen máis minutos nas pernas. Hai que coidalos máis pero todo o mundo está dispoñible e preparado para o partido".

Iso si, será baixa Zakaria Eddahchouri, sancionado cun partido por acumulación de amoestacións.

"Bil vai vir connosco. Zaka ten esa sanción. Fixo un gran traballo nos dous últimos partidos, dándonos moito na nosa primeira liña de presión. Está a ter situacións de gol que só é cuestión de tempo que as materialice. Elixiremos a mellor opción para mañá", declarou o preparador do Dépor.

O partido está marcado pola presenza masiva de afeccionados branquiazuis, até preto dun milleiro.

O técnico deportivista asegura que "nos imos a sentir como en casa, con moita xente. Vannos a dar ese plus, esa enerxía que nos momentos de dificultade, que no partido ímolos a ter contra un gran equipo". "Con #ANOSAFORZA sempre somos máis poderosos", engade.

Haberá calor na bancada pero a xornada será fría, cunha temperatura prevista á hora do partido de ao redor dos 6 graos.

"O campo vai estar en perfectas condicións. Hoxe e mañá non vai nevar. Entendemos que estará ben. Seguramente o tempo que tivese neve estará un pelín máis queimado pero o terreo de xogo estará en perfectas condicións", apuntou Antonio Hidalgo.

Xa non estará na convocatoria Daniel Bachmann, confirmada a súa saída do RC Deportivo neste mercado de inverno.

Pola súa banda, a Cultural Leonesa, que a pasada fin de semana caeu (3-1) ante o AD Ceuta FC, é 18º con 25 puntos.

No partido de ida disputado en ABANCA-RIAZOR o pasado 9 de novembro de 2025 venceron os deportivistas por 3-0 con goles de Eddahchouri -2- e Mario Soriano.

No Reino de León, o conxunto do 'Cuco' Ziganda gañou ao CD Mirandés (3-2) e Málaga CF (1-0); empatou co CD Leganés (0-0), Albacete Balompié (0-0) e Real Sociedad B (1-1); e caeu coa UD Almería (0-1), CD Castellón (1-3), AD Ceuta FC (0-1), Granada CF (0-1), SD Huesca (0-2) e Sporting de Gijón (2-4).  

Se por sanción no Dépor non estará Eddahchouri, na Cultural será baixa por idéntico motivo Ribeiro.

Finalizado o encontro, Os Nosos regresan por estrada e teñen o domingo 1 de febreiro xornada de descanso.