RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Un Dépor "con moi boa predisposición dos mozos" conclúe a primeira volta este sábado 10 de xaneiro con "un partido bonito, atractivo" no Estadio Gran Canaria

O Dépor pecha a primeira volta de LaLiga Hypermotion coa visita á UD Las Palmas este sábado 10 de xaneiro ás 18:30 (17:30 hora local, LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) no Estadio Gran Canaria.

Os Nosos chegan ao choque con 33 puntos na 5ª posición da táboa.

Antonio Hidalgo resaltou nesta semana corta de traballo a "moi boa predisposición dos mozos" e cualifica o encontro de "bonito, atractivo".

Con todo o cadro sobre o céspede, o técnico deportivista lembrou que Ximo Navarro e Escudero "aínda non os temos ao 100%. Non están aínda como para poder competir desde o primeiro minuto".

Engade que as lesións de ambos os xogadores foron "de longa duración, musculares, tendinosas. Hai que ter ese punto de confianza tamén. Imos ver se ven con ese pico de confianza. Se cadra necesitan un pouco máis de tempo para poder participar".

Insiste en "non correr riscos. Son xente moi experimentada, que se coñecen o seu corpo. Eles vannos a ir marcando cando estarán dispoñibles".

Miguel Loureiro non viaxa debido á sanción dun partido por acumulación de amoestacións.

O preparador deportivista recalca que "vai saír outro compañeiro e vaino a facer igual de ben que el. Pero imos ver por onde temos ese equilibrio para que o equipo estea estruturado".

Os Nosos realizaron este venres ás 9:30 unha última sesión de adestramento no Dépor Training Center.

Cos fabrilistas Samu e Bil, Antonio Hidalgo repasou o plan de partido e as accións de estratexia antes de viaxar a Las Palmas de Gran Canaria.

Pola súa banda, a UD Las Palmas, equipo recentemente descendido de Primera División, suma 37 puntos, situado na 2ª posición da táboa.

Esta temporada os amarelos gañaron no Estadio Gran Canaria á Real Sociedad B (2-1), Cádiz CF (1-0), SD Eibar (3-1), Real Racing Club (3-1), Albacete Balompié (2-1) e Cultural Leonesa (4-0); empataron co FC Andorra (1-1) e CD Mirandés (0-0); e caeron co Málaga CF (0-1) e UD Almería (0-1).

Luis García, o seu adestrador, mostrouse "contento, feliz co traxecto que levamos até agora pero somos conscientes da dificultade do camiño. Estamos case á metade do camiño".

Insiste en "seguir sendo humildes, ir con pés de chumbo, sabendo que temos que traballar ben cada día, seguir mellorando, ilusionarnos. Para min a maior ilusión é ver o estadio practicamente cheo mañá. É o meu gran obxectivo e é o que quero; que a xente se ilusione, que veña ao campo porque o equipo lle transmite boas vibracións".

Finalizado o encontro, Os Nosos pasan a noite en Las Palmas e regresarán o domingo 11 de xaneiro pola mañá á Coruña.