RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Un Dépor consciente de que "hai que traballar cada semana ao máximo" apunta desde este mércores ao Sporting de Gijón

O Deportivo, hoxe martes con xornada de descanso, inicia este mércores unha semana curta de adestramentos que concluirá este sábado 6 de setembro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón, en partido correspodiente á 4ª xornada.

Os resultados da fin de semana, co empate en Leganés, deixaron a Os Nosos na 8ª posición con 5 puntos.

Dani Barcia, na zona mixta de Butarque, insistiu en que "hai que traballar cada semana ao máximo" mentres que Ximo Navarro advirte que "isto vai de porllo difícil ao adestrador".

Antonio Hidalgo, que non poderá contar con David Mella ao estar concentrado coa selección española sub-20 nin con Lucas Noubi ao estar con Bélxica sub-21, disporá de 3 sesións de adestramento con esta planificación:

Mércores 3 de setembro
10:30 h.

Xoves 4 de setembro
10:30 h.

Venres 5 de setembro
10:30 h.

Sábado 6 de setembro
16:15: Deportivo - Sporting de Gijón, en ABANCA-RIAZOR