RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Un Dépor "traballando moi ben" e "contento" co día a día arrinca a semana de traballo con 6 fabrilistas

O Dépor comezou este mércores a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do AD Ceuta FC a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 23 de novembro ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion).

Luismi Cruz ve ao equipo "traballando moi ben. Estamos moi contentos co traballo que estamos a facer diariamente".

A xornada, como é habitual sempre ao comezo de semana, arrincou na sala de vídeo do Dépor Training Center cunha análise do encontro da pasada fin de semana no Nuevo Arcángel de Córdoba.

A continuación, o cadro trasladouse ao campo 3.

Roberto Cabellud e Francisco Roca supervisaron unha activación e uns rondos con porterías pequenas.

A continuación houbo un circuíto físico con duelos, de alta intensidade; antes de pasar ao campo 2, cun partido táctico.

Estiveron con traballo personalizado Ximo Navarro, Escudero, Daniel Bachmann, Yeremay e Villares.

Pola súa banda, Hugo Ríos, Brais Suárez, Quique Teijo, Bil, Samu e Nájera, un total de 6, foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Luismi sostén que verse no máis alto da táboa é "anecdótico. Sempre é bonito verse aí arriba na clasificación pero agora mesmo é anecdótico e hai que seguir día a día traballando".

Este xoves, o cadro está citada de novo no Dépor Training Center para almorzar a partir das 8:30 e adestrarse ás 10:30 nos campos 2 e 3.