O Fabril sumou un punto (0-0) na súa visita á UP Langreo no Nuevo Ganzábal este domingo 18 de xaneiro en partido correspondente á 19ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.
Con este resultado, o filial suma 38 puntos na 2ª posición por 39 do Oviedo Vetusta, líder agora do grupo.
O conxunto que dirixe Manuel Pablo acaba de formalizar a inscrición do internacional senegalés Papa Samsou Niang. Formou parte da convocatoria aínda que non chegou a saltar ao terreo de xogo.
Ao técnico canario acumuláronselle as baixas.
Bil e Noé viaxaron co primeiro equipo a Almería; mentres que por lesión quedaron na Coruña Damián Canedo, Dipanda, Íker Vidal, Hugo Torres, Fabi e Malick.
Con este panorama, debutou, e como titular, Xabi Campos, un central coruñés de categoría xuvenil; e tivo minutos na segunda metade outro xuvenil, Íker Gil.
Por contra si puido xogar de inicio Samu após o seu paso pola selección española sub-19 con motivo dun amigable ante Italia.
Enfronte se situaba unha UP Langreo con abafos clasificatorios e con novo inquilino no banco: o ex deportivista Manel Menéndez relevou a Pablo Fernández Acebal.
A primeira ocasión do partido chegou aos 35 segundos. Un disparo de Domínguez foise lixeiramente desviado.
O balón era do Fabril e os asturianos agardaban as contras.
René estrelou o balón no pau no minuto 25.
A primeira metade acabou con outros dous achegamentos asturianos protagonizados por Neira.
Após o paso polos vestiarios, Manuel Pablo move o banco. Pablo Cortés, autor do gol do triunfo a pasada fin de semana ante o Coruxo FC, e Nájera saltaron ao céspede por Garrido e Héctor Areosa.
O Fabril seguiu co control do balón aínda que sen crear apenas perigo.
A única oportunidade clara foi a protagonizada por Dani Estévez, por encima do traveseiro.
A UP Langreo seguiu esperando a súa opción á contra, que non chegou. E o partido acabou sen goles.
O vindeiro sábado 24 de xaneiro ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) o Fabril recibe no campo Arsenio Iglesias á UD Sámano.
UP Langreo: Torre, Nacho López, Sergio Orviz, Ojeda, Liam López, Iván González (Rieno, min. 83), Juan López, René (Maya, min. 83), Alex Menéndez (Lucas, min. 73), Pablo Pérez e Sergio Neira (Samu Pérez, min. 83)
Fabril: Hugo Ríos, Mario Hermo (Quique Teijo, min. 70), Samu, Aarón, Xabi Campos, Garrido (Pablo Cortés, min. 58), Estévez (Enrique Fernández, min. 70), Mane, Manu Ferreiro (Íker Gil, min. 83), Héctor Areosa (Nájera, min. 58) e Domínguez
Árbitro: David García Presa, do comité castelán-leonés. Amoestou a Nacho López (min. 77), Juan López (min. 80) e Quique Teijo (min. 90)
