RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Un Fabril "en alerta" e sen fiarse da clasificación visita na súa sólida primeira praza a un CD Lealtad en zona perigosa

O Fabril visita este domingo 19 de outubro ás 16:45 ao CD Lealtad de Villaviciosa en partido correspondente á 7ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Co triunfo ante a UP Langreo da pasada fin de semana no campo Arsenio Iglesias, o filial encabeza a táboa con 18 puntos de 18 posibles e con 4 puntos de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores, o Oviedo Vetusta e o Real Ávila CF.

O conxunto fabrilista celebra que Manu Ferreiro estea "a empezar a facer cousas no campo, incluso algunha tarefa co grupo. Aínda que 3 semanas ou algunha máis aínda quedan", indicou Manuel Pablo na sala de prensa.

E asegurou sobre Bil que "lle regulamos a carga de adestramento pero non terá problemas".

Pola súa banda, o conxunto asturiano, que caeu 4-1 co Real Valladolid Promesas, é 17º con 2 puntos.

O técnico fabrilista apuntou que a idea é "tentar gañar o partido contra un equipo que é verdade que non gañou ningún".

A pesar diso, advirte que "temos que estar en alerta e non confiarnos coa clasificación".

No seu campo esta temporada, os asturianos empataron co CD Numancia de Soria (1-1) e a UD Sámano (2-2); e caeron co Marino de Luanco (2-0).