O Fabril non puido (0-1) este domingo 23 de novembro no campo Arsenio Iglesias cun dos aspirantes, a Gimnástica Segoviana CF, actual líder da competición.
Con este resultado, os fabrilistas quedan con 23 puntos na 2ª posición da táboa.
Manuel Pablo mostrouse "orgulloso por como xogamos, por como competimos. A un equipo que é moi forte na presión metémolos no seu campo".
Causaron baixa Noé, Mane, Enrique e Rubén; ademais de Íker Vidal, sancionado após a súa expulsión ante a UD Sámano.
Foron titulares os 3 futbolistas que sentaron no banco de ABANCA-RIAZOR co primeiro equipo unhas horas antes ante o AD Ceuta FC: Quique Teijo, Samu e Bil.
O encontro comezou con moito ritmo.
Aos 2 minutos, Fabi márchase do seu par partindo desde a esquerda e o seu forte disparo sácao o meta Postigo a saque de esquina.
Pouco despois, no 7, Nájera non pode precisar na área pequena un centro raso de Bil desde a banda esquerda.
Adiantouse a Gimnástica Segoviana CF ao cuarto de hora. Pau recibe de Íker nunha transición e, de forma acrobática e de costas á portería, bate a Hugo Ríos.
Aos poucos tentou o Fabril pór en apertos a Postigo.
Aos 23 minutos, Bil remata fóra outro centro raso.
Garrido, aos 32 minutos, e Bil probaron fortuna tamén de lonxe. O balón saíu desviado por pouco en ambas as ocasións.
Tamén os segovianos puideron marcar no 36. Llorente métese na área e o seu disparo repéleo co corpo Hugo Ríos. O rexeite cae a Tenas na área pequena pero o seu remate sácano entre Damián Canedo e o poste esquerdo.
Con 0-1 chegouse ao descanso.
Após o paso os vestiarios, o Fabril fíxose dono e señor do partido.
"Contra un equipo moi forte no físico, que encima se puxo a defender moi atrás, aínda fomos capaces de xerar situacións, que non é fácil", apuntou o preparador fabrilista na rolda de prensa pospartido.
Nos minutos iniciais, Nájera tivo o empate nun centro á área de Quique Teijo. O disparo do atacante fabrilista márchase fóra por pouco.
Manuel Pablo empeza a refrescar ao equipo con Pablo García e Manu Ferreiro primeiro; e Dipanda e Pablo Cortés a continuación.
No minuto 83, Dipanda márchase por velocidade e o seu centro ao corazón da área non chega por moi pouco Bil, libre de marca.
A mellor oportunidade para empatar tívoa Pablo Cortés no minuto 88. Rematou fóra libre de marca no segundo pau un centro de Fabi desde a banda esquerda.
Os últimos minutos foron de abafo fabrilista aínda que sen que se reflectise no marcador.
"Tivémolos de todos os lados: desde tiros frontais, chegadas por fóra para tentar levarnos o partido até o final. Quixemos até o final pero non tocou hoxe", concluíu Manuel Pablo.
O vindeiro domingo 30 de novembro ás 17:00, a Fabril visita á SD Sarriana.
Fabril: Hugo Ríos, Quique Teijo, Samu (Aarón, min. 78), Damián Canedo, Hugo Torres (Pablo García min. 62), Garrido (Manu Ferreiro, min. 62), Estévez, Fabi, Domínguez (Dipanda, min. 74), Nájera (Pablo Cortés, min. 74) e Bil
Gimnástica Segoviana CF: Postigo, Íker Pérez, Josín, Josep (Ibañes, min. 69), Tenas (Castro, min. 69), Llorente, Samu Manchón (Juan Silva, min. 59), Rubén, René, Diego Campo (Ayán, min. 59) e Pau (Borrego, min. 65)
Árbitro: Sergio Álvarez, do comité asturiano. Amoestou a Josep (min. 43), Rubén (min. 45), Diego Campo (min. 49), Íker Pérez (min. 56), Dipanda (min. 85) e Damián Canedo (min. 90)
Goles: 0-1 Pau (min. 15)
Incidencias: partido correspondente á 12ª xornada en Segunda Federación disputado no campo Arsenio Iglesias
