RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Unha serie de exercicios de finalizacións, tarefa principal do Dépor esta mañá en Abegondo

Unha serie de exercicios de finalizacións con centros laterais e movementos ofensivos no campo 2 foi a tarefa principal do Dépor esta mañá en Abegondo.

Imanol Idiakez busca a máxima efectividade ante un mes de xaneiro con rivais da zona alta, como o primeiro deles, a Real Sociedad B, o xoves 4 de xaneiro ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV), correspondente á 18ª xornada, penúltima da primeira volta no grupo 1º de Primera Federación.

A mañá arrincou na sala de vídeo para o cadro. Xa sobre o céspede, os futbolistas iniciaron a sesión cunha activación, un xogo e uns rondos.

Están con traballo personalizado Jaime, Berto, Barbero e Davo; con Martín Ochoa e Retuerta en repouso deportivo.

Mella, Rubén, Iano Simão e Jairo foron os representantes de #ANOSACANTEIRA. Kevin, que se presentou á primeira hora da mañá na instalación branquiazul enfermo, marchouse ao seu domicilio por prescrición dos Servizos Médicos.

Mañá domingo 31 de decembro, o Dépor realizará en Abegondo a partir das 11:00 horas a última sesión do ano 2023.