RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Villares aprecia un alivio grande para todos e Lucas cre que é un soño

Diego Villares confesou na zona mixta de ABANCA-RIAZOR que "levamos moito tempo esperando isto e unha vez que o conseguimos é un alivio grande para todos. Agora a gozar con todo o mundo, que levabamos moito tempo esperando e que todo o mundo merécese".

O centrocampista branquiazul quixo dar as grazas a #ANOSAFORZA e asegura que "sobra dicir todo o que vivimos desde dentro porque é unha marabilla. Vas no bus e a xente nova que non vivira nada semellante estaba flipando. Darlle as grazas a todos e por fin conseguímolo".

Outro dos capitáns, Lucas Pérez, sente "alegría, satisfacción. É un soño poder devolver algo do que no seu día tamén quitei. Non se me vai da cabeza e é algo que quero devolver á miña cidade, ao Deportivo, á miña familia e aos meus amigos".

O dianteiro coruñés, autor do gol do ascenso ante o FC Barcelona  Atlètic, asegura que "nos acordamos moito do partido da CE Sabadell FC, que empezamos en descenso; do partido en Irún, que perdemos 3-0, que non se reflectía o nivel do cadro, que se dubidaba desta xente, do adestrador".

Cre que "toda esta xente merécese o que pasou. Eu vin a axudar, estou moi feliz na miña casa, estou moi contento e moi safisfeito por isto. Oxalá a miña avoa virame aquí en ABANCA-RIAZOR, o que logrou o seu neto. Isto vai de avós a netos".

Lucas deu as grazas "a todo o mundo polo que estamos a inculcar na Coruña, que todo o mundo apoie ao equipo da súa cidade. Iso é moi bonito".