RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Villares cre que "agora somos un equipo máis solidario, máis compacto"

Diego Villares pasouse pola sala de prensa do Dépor Training Center.

Explica esta xeira de vitorias (2 en liga e 1 en Copa) porque "agora somos un equipo máis solidario, máis compacto. Pasamos por varios partidos que nos custou un pouco máis. Sabemos como é esta liga de competitiva. As malas series están aí, tes que convivir con elas. Está dentro do equipo que sexamos o afrontalas e saír delas".

Cre que pode ser "un ambiente parecido" o do Bahrein Victorious Nuevo Arcángel de Córdoba deeste domingo 16 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) co vivido en La Rosaleda de Málaga: "Son dous equipos que tentan presionarche alto. Os primeiros minutos van moi altos para que o rival non estea cómodo, para tentar que cometas erros na saída de balón. Temos que aprender dese partido de Málaga".

Do Córdoba CF advirte que "xa se coñecen de anos anteriores. Ten un adestrador que traballa moi ben. Á vista está as temporadas tan boas que levan".

O mediocentro deportivista admite que "sería un bo golpe na mesa conseguir esa vitoria en Córdoba. É unha saída moi complicada. Estamos con ganas de que chegue o domingo e poder traer os 3 puntos".

A nivel persoal explica que está "a se adaptar a cada posición, a cada altura no campo. Iso tamén depende de cada partido". "Estou contento que o míster poida confiar en min e eu traballando semana a semana para axudar ao equipo e que o míster siga contando comigo", engadiu.