RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Volta en autocar e adestramento de Os Nosos o luns 19 ás 10:30 no Dépor Training Center

Finalizado o encontro no UD Almería Stadium, cuxo resumo podes ver a pé de noticia, Os Nosos viaxan de regreso por estrada á Coruña.

Despois de case 900 quilómetros, a expedición deportivista ten previsto chegar este domingo 18 pola mañá.

Antonio Hidalgo citou aos seus futbolistas o luns 19 no Dépor Training Center para un adestramento que arrincará ás 10:30 horas.

A próxima cita en LaLiga Hypermotion para o Dépor será o domingo 25 de xaneiro ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas), correspondente á 23ª xornada.