RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Ximo Navarro comezou esta mañá a facer tarefas co grupo

Ximo Navarro entra na recta final da súa recuperación. O lateral deportivista comezou esta mañá a facer tarefas co grupo. Así, fixo a primeira parte, a activación, cos seus compañeiros; e logo continuou co seu plan específico de readaptación física.

Os futbolistas que xogaron onte mércores máis minutos no campo Pepe Barrera de Ribadeo ante o Real Oviedo só fixeron o quecemento e pasaron a continuación a exercicios de recuperación, con ximnasio e fisioterapia.

Escudero afirmou onte a zona mixta que "temos xogadores con moi bo pé, con moita mobilidade. Entón é adaptarnos ás posicións, coñecernos no campo. Se un sae fóra o outro queda dentro. É cuestión de traballo e estamos todos para tentar achegar o máximo ao equipo".

Para os demais integrantes do cadro houbo ademais un xogo de posición, finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Está con adestramento personalizado tamén o centrocampista Jose Ángel.

Este venres 8 de agosto, o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 en Abegondo xa coa 80 edición do Trofeo Teresa Herrera no horizonte, este sábado 9 de agosto ás 20:00 horas en ABANCA-RIAZOR (YouTube RC Deportivo).