RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Ximo Navarro di que o punto nos mantén arriba e Lucas confesa que tiñamos moitas ilusións postas no partido

Ximo Navarro e Lucas Pérez pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O lateral destro deportivista destaca que o punto "nos mantén arriba. Era un día no que queriamos gañar en ABANCA-RIAZOR de novo pero o partido púxosenos bastante complicado".

Afirma que "na primeira parte estivemos bastante mal, tamén por méritos do rival. Non nos sentimos nada cómodos. Na segunda tentamos apertar buscando o empate rápido para ir a pola vitoria. Non puido ser e nos minutos finais conseguimos ese gol que nos dá 1 punto e mantennos aí arriba".

Conclúe que o vestiario con este empate "contento do todo non está porque era un partido en ABANCA-RIAZOR e queriamos gañar; pero isto é moi difícil, os rivais xóganse cousas, non é nada sinxelo. É un punto que pode ser bo de aquí a final de liga e fainos manternos aí arriba".

Pola súa banda, Lucas Pérez confesa que "tiñamos postas moitas esperanzas neste partido de gañar, de distanciarnos máis dos rivais. Eles fixeron un gran traballo defensivo, puxéronse por diante nunha acción a balón parado e non soubemos chegar con claridade. Tivemos un par de ocasións e o penalti que fallo, que forma parte do xogo".

O capitán deportivista pide nestes momentos ter "a cabeza arriba. Seguimos líderes e a continuar".

Laméntase do empate porque "tiñamos moitas ilusións postas no partido, podernos distanciar, volver coller a dinámica da vitoria. É difícil. No outro grupo o CD Castelló que ía líder perdeu. Isto é o fútbol, o deporte, a alta competición".

Insiste en que "é moi difícil gañar, os rivais coñécenche. O CE Sabadell FC está a pelexar polos postos de descenso e con Óscar Cano están a facer as cousas moi ben. Hai que seguir", conclúe.