Joaquín Navarro Jiménez (Guadahortuna, Granada, 23 de xaneiro de 1990), coñecido futbolísticamente como Ximo Navarro, renovou o seu contrato co Dépor até xuño de 2026.
Este futbolista, que pode actuar en todos os postos da defensa, chegou a ABANCA-RIAZOR na temporada 2023-24 procedente da Fortuna Sittard da Primera División de Países Baixos (Eredivise).
Na súa primeira temporada como futbolista branquiazul, co que conseguiu o ascenso a LaLiga Hypermotion e o título de campión de Primera Federación, participou en 23 partidos, 20 deles como titular, con 1 asistencia. Ademais xogou 1 de Copa del Rey.
Esta campaña en LaLiga Hypermotion até a súa lesión saltou ao céspede en 30 partidos, 29 deles como titular; e anotou 4 goles, 2 deles supuxeron o triunfo en Eibar e en Oviedo.
Formado na canteira do Real Mallorca, atesoura unha ampla experiencia no fútbol español. Así, disputou 177 partidos e anotou 3 goles en Primera División desde a temporada 2012-13 defendendo as cores do Real Mallorca (15 encontros), UD Almería (28), UD Las Palmas (31) e Deportivo Alavés (103 partidos desde a campaña 2018-19 á 2021-22).
En Segunda División suma un total de 158 encontros xogados entre o Recreativo de Huelva (12 partidos), Córdoba CF (17), RCD Mallorca (38), UD Almería (61) e os xa citados co Dépor. Ademais, marcou 8 goles.
O xogador dará unha rolda de prensa o vindeiro mércores 16 de abril ás 13:00 horas en ABANCA-RIAZOR.