
DÉPOR · 9 ABRIL 2025
XIMO NAVARRO RENOVA CO DÉPOR ATÉ 2026
Joaquín Navarro Jiménez (Guadahortuna, Granada, 23 de xaneiro de 1990), coñecido futbolísticamente como Ximo Navarro, renovou o seu contrato co Dépor até xuño de 2026.Este futbolista, que pode actuar en todos os postos da defensa, chegou a ABANCA-RIAZOR na temporada 2023-24 procedente da Fortuna Sittard da Primera División de Países Baixos (Eredivise).Na súa primeira temporada como futbolista branquiazul, co que conseguiu o ascenso a LaLiga Hypermotion e o título de campión de Primera Federación, participou en 23 partidos, 20 deles como titular, con 1 asistencia. Ademais xogou 1 de Copa del Rey.Esta campaña en LaLiga Hypermotion até a súa lesión saltou ao céspede en 30 partidos, 29 deles como titular; e anotou 4 goles, 2 deles supuxeron o triunfo en Eibar e en Oviedo.Formado na canteira do Real Mallorca, atesoura unha ampla experiencia no fútbol español. Así, disputou 177 partidos e anotou 3 goles en Primera División desde a temporada 2012-13 defendendo as cores do Real Mallorca (15 encontros), UD Almería (28), UD Las Palmas (31) e Deportivo Alavés (103 partidos desde a campaña 2018-19 á 2021-22).En Segunda División suma un total de 158 encontros xogados entre o Recreativo de Huelva (12 partidos), Córdoba CF (17), RCD Mallorca (38), UD Almería (61) e os xa citados co Dépor. Ademais, marcou 8 goles.O xogador dará unha rolda de prensa o vindeiro mércores 16 de abril ás 13:00 horas en ABANCA-RIAZOR.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...