Yeremay Hernández e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR tras o enfrontamento ante a UD Almería.
O talentoso canteirán, feliz polo gol, asegura que "foi un día bonito"; para el, "facía falta gañar na casa" e o equipo está nun gran estado anímico.
Ademais, o canario asegura que pecou de "lambón" nunha acción na que puido facer o segundo na súa conta particular. Por último, tamén comenta que "estamos a traballar súper ben" e que "temos capacidade para gañar a calquera".
Pola súa banda, Mario Soriano asevera que "nos merecemos esta vitoria". Recalca que o equipo presionou ben arriba e que a saída de balón foi boa.
O futbolista madrileño, que sente igual de cómodo xogando máis adiantado que nunha posición máis de 8, recalca que "estamos nunha boa dinámica, somos ambiciosos e miramos sempre cara arriba".