RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Yeremay Hernández, convocado pola selección española sub-21 para preparar o campionato de Europa da categoría

Yeremay Hernández Cubas (Las Palmas de Gran Canaria, 10 de decembro de 2002) foi convocado pola selección española sub-21 para preparar a partir do 31 de maio na Ciudad del Fútbol de Las Rozas o próximo Campionato de Europa da categoría que se disputa en Eslovaquia este próximo mes de xuño.

Desta concentración, á que acudirán 27 futbolistas, sairá a lista definitiva 23 xogadores convocados para o torneo europeo.

Neste período inicial de traballo está previsto un amigable ante Ucraína o venres 6 de xuño ás 20:30 horas en Alcorcón.