RCD / NOTICIAS

O Dépor viaxa a Málaga o venres e regresa o sábado, após o partido na Rosaleda

22/11/2016 11:17

O Deportivo desprázase este venres 25 de novembro a Málaga para se medir o sábado 26 ao conxunto malagueño na Rosaleda (13.00 horas, Bein Sports). O regreso será após o partido, en voo chárter que aterra ás 20.00 horas aproximadamente no Aeroporto da Coruña.

O plan de viaxe é o seguinte:

Venres 25 de novembro
17.30: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino Málaga
19.00: Chegada aproximada ao Aeroporto de Málaga e traslado ao hotel Tryp Málaga Alameda

Sábado 26 de novembro
13.00: Málaga - Deportivo na Rosaleda
Ao acabar, xantar no hotel
18.30: Saída do voo chárter do Aeroporto de Málaga con destino ao Aeroporto da Coruña
20.00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña